Velocidade Online

Mundial - Autocross/Ralicross

RALICORSS EM ESPANHA

Terça, 14 Novembro 2017 21:32 | Actualizado em Sábado, 16 Dezembro 2017 07:04

O equipo Yacar Racing desprázase este fin de semana a Sardeña

 

Nova presenza internacional para o equipo Yacar Racing, xa que este fin de semana dous pilotos galegos participarán na segunda edición da Cronoescalada en Terra de Tandalò, unha pequena poboación da illa mediterránea de Sardeña situada na provincia de Olbia-Tempio. Non será a primeira vez que os Yacarcross compitan en Italia, onde xa se desprazaron en varias ocasións, sendo ademais o país transalpino un dos principais puntos de exportación dos Car Cros construídos en Culleredo. De feito, a formación coruñesa despraza catro unidades alugadas para pilotos italianos inscritos na cita sarda, á cal tamén acudirán Javier Ramilo, co seu Yacarcross, e Perfecto Calviño co Peugeot 208 Proto, ao que acompañará nesta ocasión como copiloto e por primeira vez o seu fillo Darío.

A proba disputarase durante o sábado e o domingo (18 e 19 de novembro) cunha manga de adestramento desde as 10:00 horas para a continuación realizar as dúas oficiais da primeira xornada (12:30 e 15:00). O segundo día haberá dúas novas mangas oficiais (9:00 e 11:30) ao tramo previsto cun percorrido de 4,5 km. Para a clasificación final contabilizarase a suma dos tres mellores tempos realizados, nunha carreira que está aberta a todo tipo de coches como se puido comprobar na edición do ano pasado, que contou cunha participación de 47 pilotos.

Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos