Velocidade Online

Mundial - Ralis

MUNDIAL - RALIS EM ESPANHA

Sexta, 25 Maio 2018 11:00 | Actualizado em Segunda, 18 Março 2024 01:16

A Escudería Yacar Racing, con varios equipos no Rally Terra da Auga-Comarca de Arzúa

 

Desde este venres e ata o sábado celébrase nos municipios coruñeses de Arzúa, O Pino, Boimorto e Touro a cuarta proba do Campionato de España de Ralis sobre Terra # CERT que, fiel ao seu nome, estará pasada por auga polo que indican as previsións meteorolóxicas.

Inscritos pola Escudería Yacar Racing participarán varios equipos, aínda que a principal novidade será ver a Perfecto Calviño por primeira vez cun Ford Fiesta R5 e ao que acompañará Antonio Solórzano. Ademais, Javier Ramilo debutará nun rali co Peugeot 208 Proto que habitualmente utiliza Calviño, no que levará como copiloto ao irmán deste, Marcos Calviño. Ademais, tamén estarán Sandra García-Suso Romero (Peugeot 208 Proto), David Rivas-Néstor Casal (Peugeot 208 VTi R2), José Lamela-Daniel Pérez (Suzuki Swift Sport) e Francisco García-Óscar Souto (BMW 325i). O rali comeza na tarde do venres cunha especial situada en Boimorto mentres o sábado se realizarán catro treitos a dobre pasada na contorna de Touro, onde se fará o parque pechado final e a entrega de trofeos. A asistencia quedará situada en Arzúa e os reagrupamentos en O Pino, aínda que tamén haberá, tras o tramo do venres, unha saída en Boimorto.


Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos