Velocidade Online

Mundial - Autocross/Ralicross

MUNDIAL - RALICROSS EM ESPANHA

Quinta, 30 Agosto 2018 08:07 | Actualizado em Segunda, 02 Dezembro 2019 23:48

Os Yacarcross de Javier Ramilo e Darío Calviño dominan o Autocross das Tres Nacións en Alemaña

 

Este pasado fin de semana varios pilotos do equipo Yacar Racing desprazáronse ao circuíto alemán de Albbruck para participar en #Autocross das Tres Nacións na localidade alemá de Schachen, que contaba con 38 Car Cross na lista de inscritos da devandita categoría. Darío Calviño conseguía o mellor tempo nos adestramentos seguido por Javier Ramilo, ambos con Yacarcross cos que tamén participaban outros dous pilotos suízos que completaban unha magnífica actuación durante as dúas xornadas de competición.

Nas mangas clasificatorias do sábado, Darío Calviño arrincaba por diante na súa pero unha incidencia de carreira impedíalle chegar en primeira posición aínda que o vencedor sería un Yacarcross, o do suízo Reto Baumgartner, o distribuidor no país helvético da marca galega de Car Cross. Na outra manga si gañaba Javier Ramilo co seu Yacarcross. Nas dúas do domingo repetíase o mesmo resultado, con Baumgartner adxudicándose a primeira na que Darío Calviño remontaba do duodécimo ao quinto lugar e Javier Ramilo “Kobas” facéndoo na segunda.

Na final, Ramilo lograba a vitoria seguido por Calviño, completando así os Yacarcross as dúas primeiras posicións dun podio que dedicaban a Adrián, co fin de que se recupere canto antes e regrese aos circuítos onde esperan volver velo moi pronto.

 


Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos