Velocidade Online

Mundial - Autocross/Ralicross

MUNDIAL DE RALICROSS - ESPANHA

Sábado, 15 Setembro 2018 09:36 | Actualizado em Terça, 12 Novembro 2019 10:06

Perfecto Calviño, campión de España de División 1 por sexta vez a falta dunha carreira

 

Inmaculado fin de de semana para Perfecto Calviño, que na sétima e penúltima proba do Campionato de España de Autocross celebrada no circuíto Antonio Vadillo da localidade burgalesa de Miranda de Ebro se proclamaba por sexta vez na súa traxectoria deportiva, as tres últimas consecutivas, campión de España de Autocross na División 1 co seu Ford Fiesta Proto, aínda que para referendalo e confirmalo oficialmente haberá que agardar a que finalice a tempada, cando a Real Federación Española de Automovilismo publique a clasificación definitiva.

Tras ceder na manga de cualificación ante Víctor Álvarez, o seu principal rival na loita polo título, Calviño adxudicábase as tres mangas clasificatorias, o que lle situaba nunha envexable posición para a final, a cal dominaba de principio a fin conseguindo así a súa sexta vitoria no circuíto do Automóvil Club Mirandés polo que iguala a Iván Posado, que ata este ano contaba con idéntico número de triunfos. Calviño demostra deste xeito a súa supremacía na División 1, cunha tempada sumamente regular tras gañar tres carreiras, as de MotorLand Alcañiz, Ara Lleida Mollerussa e Cidade de Miranda. Nesta categoría tamén participaba Sandra García (Peugeot 208 Proto), que estivo a piques de non poder competir o domingo pois unha lesión ocular lle impedía realizar a segunda manga clasificatoria, pero conseguía recuperarse grazas aos servizos médicos do circuíto para realizar a xornada do domingo ao completo terminando oitava na final, na que non puido estar Javier Herrero cun Peugeot 205 Proto fabricado por Yacar Racing.

En Car Cross foron finalmente nove pilotos os que participaron con Yacarcross, sendo decisiva a segunda manga clasificatoria, onde tanto Javier Ramilo como Darío Calviño, tras gañar ambos as súas respectivas series na primeira, quedaban sen opcións. Ramilo, que lograra o segundo mellor crono na cualificación, tiña problemas coas lentes debido ao barro da pista, pois nese momento unha tormenta deixábaa nunhas condicións moi difíciles. Precisamente por iso, Darío montaba pneumáticos de taco, que non sería a mellor opción polo que, tras partir desde a primeira liña, finalizaba oitavo. Outro dos aspirantes ao podio, Óscar Palomo, picaba na primeira manga clasificatoria tras ser quinto na cualificación polo que ía a unha final C que gañaba, pasando así á B xunto a Abel Jurado, terceiro na devandita manga, e na que tamén participaron Daniel Remuiñán e Antonio Alonso. Desde a final B, Darío Calviño clasificábase para a A na que xa estaban Javier Ramilo e Artiz Usategui e á que a punto estivo de chegar Óscar Palomo, que quedaba a un paso da clasificación tras remontar desde a última fila terminando cuarto mentres Abel Jurado tampouco conseguía avanzar máis. Na final A, Darío Calviño terminaba noveno e Javier Ramilo décimo, sendo Aritz Usategui o mellor dos Yacarcross cunha excelente sexta praza. Ademais tamén competiron Francisco José Costa e David Ondicol, que non lograron pasar das clasificatorias cos seus Yacarcross.

 


Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos