Velocidade Online

Mundial - Autocross/Ralicross

MUNDIAL DE RALICROSS - ESPANHA

Terça, 18 Setembro 2018 19:41 | Actualizado em Quinta, 14 Março 2024 18:50

Javier Ramilo consegue a súa cuarta de vitoria da tempada no Rallymix da Gudiña

 

Os Yacarcross volveron copar o podio nunha proba de rallymix en Galicia, onde ademais eran a única marca representada na devandita categoría, con sete inscritos entre os vinte participantes que acudían á quinta proba do Campionato de Galicia da modalidade na localidade ourensá da Gudiña. Nas dúas primeiras mangas do sábado, Abel Jurado era o máis rápido e terminaba a xornada na cabeza a pesar de que Javier Ramilo gañaba na derradeira deste primeiro día, quedando a algo máis de sete segundos do líder. Xa o domingo, Ramilo adxudicábase as dúas mangas restantes, logrando así a súa cuarta vitoria consecutiva da tempada e a décimo cuarta seguida dun Yacarcross, pois a marca galega ha gañado todos os rallymix en Galicia desde abril de 2016. A terceira praza correspondíalle a Abraham Duarte, unha das sensacións da tempada, que completaba o podio a pesar dunha picada na segunda xornada de carreira. Tamén se clasificaban con Yacarcross Antonio Viloria na sétima posición e Antonio Pérez na novena mentres Kike González non podía finalizar, tras inutilizar unha pedra o acelerador na derradeira manga e picar na anterior. Sinalar ademais que Óscar Añón rompía o cambio na segunda pasada do sábado e, aínda que o equipo o reparaba, o domingo non saía debido a unha lesión nun nocello producida cando desprazaba o seu Yacarcross cara a un lugar máis seguro despois da avaría, pasándolle por encima do mesmo unha roda traseira.

No que atinxe á categoría de Turismos, a Perfecto Calvíño-Rubén Santás escapábaselles a posibilidade de loitar pola vitoria cando comezaba a fallar un dos dous motores do Peugeot 208 Proto na terceira manga. Emendada a avaría, o domingo finalizaban a carreira na segunda praza de Turismos e quintos da xeral. Quen perdía moitos postos ao romper un trapecio traseiro do Peugeot 208 T16 R5 eran José Fernández-Juan Brun, inscritos pola Escudería Yacar Racing, que o sábado se mostraron moi competitivos ata ter que abandonar durante a segunda xornada para concluír moi atrasados na clasificación.

O equipo acudirá o próximo fin de semana (22-23 de setembro) á localidade italiana de Maggiora, onde se celebra a derradeira proba do Campionato de Europa de Autocross, para participar cos pilotos Javier Ramilo, Darío Calviño, Óscar Palomo, José Becerra e Pepe López nunha das carreiras soporte do evento, a Car Cross Cup coa presenza de 72 pilotos.


Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos