Velocidade Online

Mundial - Autocross/Ralicross

MUNDIAL DE RALICORSS - EM ESPANHA

Quinta, 15 Novembro 2018 08:06 | Actualizado em Sexta, 08 Novembro 2019 23:31

Terceiro podio da tempada para o Yacarcross de Óscar Palomo no Nacional de Autocross

 

Concluía a pasada fin de semana no circuíto Cerro Negro de Talavera de la Reina (Toledo) o Campionato de España de Autocross coa oitava proba da tempada, na cal a presenza do equipo Yacar Racing era menos numerosa do habitual, pero non por iso se deixaba de conseguir un bo resultado co terceiro podio de 2018 para o mozo madrileño Óscar Palomo, que co seu Yacarcross finalizaba segundo na final de Car Cross, categoría que contaba ademais coa presenza de Darío Calviño e Dani Vázquez cos monoprazas galegos.

Palomo era o máis rápido na manga de cualificación e gañaba a clasificatoria do sábado para terminar segundo na do domingo, pois esta vez a segunda prevista para a segunda xornada anulábase debido ao mal estado da pista. Iso garantíalle unha praza na primeira liña da grella da final, na cal terminaba nun excelente segundo posto por diante do campión da categoría. Dani Vázquez, cuarto e terceiro nas clasificatorias, accedía directamente a unha final na que era décimo mentres Darío Calviño, sexto e quinto nas series previas, non podía pasar da final B.

En División 1, ausente o xa campión Perfecto Calviño, o máis reseñable era a segunda posición na final do veterano Tomás Aranda cun Citroën DS3 Proto do equipo Yacar Racing


Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos