Velocidade Online

Mundial - Autocross/Ralicross

MUNDIAL - AUTOCROSS EM ESPANHA

Quarta, 11 Abril 2018 10:43 | Actualizado em Sábado, 20 Abril 2024 12:46

Perfecto Calviño, segundo no Autocross Ciutat de Lleida

 

A segunda proba do Nacional de Autocross disputouse o pasado fin de semana (7 e 8 de abril) no Circuit de Lleida, onde a choiva na noite do sábado ao domingo deixaba o trazado moi complicado á primeira hora da mañá, polo que houbo que atrasar o inicio das terceiras mangas clasificatorias un par de horas.

Perfecto Calviño non puido esta vez repetir a vitoria de MotorLand Aragón na División 1, a pesar de realizar o mellor tempo na manga de cualificación e de gañar as tres clasificatorias co Peugeot 208 Proto, pois na saída da final víase superado polo Audi TT Proto de Víctor Álvarez, que vencía por diante de Calviño e que durante as oito voltas tentou superar ao seu rival sen chegar a conseguilo. Tamén hai que salientar a cuarta praza de Tomás Aranda, con un Citroën DS3 Proto de Yacar Racing.

Na categoría Car Cross, unicamente Javier Ramilo lograba situar un dos oito Yacarcross presentes na final A, despois de ser segundo na cualificación con Darío Calviño a continuación e Óscar Palomo sétimo. Non obstante estes dous tocábanse nunha clasificatoria mentres Ramilo cedía a primeira praza nunha delas na Joker Lap, que tan só se utilizaría o sábado ao non estimalo conveniente facelo o domingo debido ao estado da pista. De feito, Ramilo sería o único en conseguir acceder á final A, onde problemas de freos case desde o comezo da mesma lle impedían mellorar a súa oitava praza provisional, xa que a clasificación oficial está pendente da verificación técnica diferida que haberá que realizar na mecánica do gañador da carreira.

Óscar Palomo quedaba na final B do mesmo xeito que Dani Vázquez mentres Darío Calviño tiña que abandonar na final C nun fin de semana onde os resultados non acompañaron. Precisamente Darío debutará este venres nun rali ao participar en Noia co Seat Marbella de PTC Escuela acompañado por Antonio Solórzano, nunha proba onde teremos a varios equipos inscritos pola Escudería Yacar Racing, entre eles Víctor Senra e David Vázquez, que parten como favoritos á vitoria co Ford Fiesta R5.


Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos