Velocidade Online

Diversos - Diversos

RALIS EM ESPANHA

Domingo, 17 Dezembro 2017 15:28 | Actualizado em Sexta, 19 Janeiro 2018 02:07

Cuarta posición para Sergio e Diego Vallejo co Peugeot 208 Proto de Yacar Racing no Rali de Terra Cidade de Astorga

Disputado por primeira vez este sábado 16 de decembro e coa intención de figurar o próximo ano no Campionato de España da especialidade ao solicitar a preinspección para o mesmo, a proba de Astorga supoñía unha magnífica oportunidade pola súa configuración e proximidade a Galicia para que Sergio e Diego Vallejo se estreasen co Peugeot 208 Proto de Yacar Racing.

O frío e unha temperatura moi baixa ao longo de toda a xornada caracterizaron o desenvolvemento do Rali de Terra Cidade de Astorga, con tres especiais diferentes a dúas pasadas cada. A dúas da mañá, Val e Villar, realizábanse na saia do Monte Teleno co xeo como dificultade engadida, o que provocaba a neutralización do primeiro treito para Sergio e Diego Vallejo polo envorco dun coche que lles precedía. Na segunda especial e aínda que o tempo non era demasiado malo, Sergio Vallejo non se mostraba con excesiva confianza polo que na asistencia se modificaban as reglaxe, máis do gusto do piloto de Meira.

Foi xa a partir do segundo bucle cando os irmáns Vallejo comezaron a sentirse máis cómodos co Peugeot 208 Proto, á vez que as condicións melloraban, o que permitía rodar con máis apromo e experimentar así as virtudes deste coche cunha mecánica de dous motores de moto de 1.300 cc cada un, para finalizar a mañá na quinta praza provisional a falta dos dous treitos da tarde, moi próximos á zona de asistencia en pleno centro de Astorga, nos cales lograban recuperar unha posición rematando cuartos, a só 10 segundos do podio absoluto. Con todo, o máis importante é que o Peugeot respondía á perfección e non daba ningún problema ao longo de todo o día, demostrando así que é sumamente competitivo para probas sobre terra.

Tamén nesta carreira participaban dous equipos inscritos pola Escudería Yacar Racing con José Fernández-Alfredo Carballo (Mitsubishi Lancer Evo X) completando o rali en sexta posición e José Lamela-Daniel Pérez na duodécima e segundos da súa categoría (Citroën Saxo VTS). Ademais, estaba presente o Lancia Rally 037 construído por Yacar Racing con Sergio Sánchez e Fernando Fernández, que tras diversos problemas unicamente podían rodar nos tramos da tarde.

Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos