Velocidade Online

Mundial - Autocross/Ralicross

CAMPEONATO MUNDO DE RALICROSS - ESPANHA - YACARCROSS É NOTICIA NA GALIZA - ESPANHA

Quinta, 06 Julho 2023 20:32 | Actualizado em Quinta, 02 Maio 2024 12:04

Os Yacarcross seguen dominando en Galicia

 

• Alfonso ‘Pisko’ Ventín vencía no Rallymix Concello de Piñor e gañaba na súa categoría na Subida A Pontenova

 

As dúas últimas fins de semana foron de novo favorables aos Yacarcross, logrando a vitoria nas súas respectivas categorías nas dúas probas celebradas recentemente puntuables para os Campionatos de Galicia.

Así, os días 24 e 25 de xuño disputábase o Ralimix Concello de Piñor onde Alfonso ‘Pisko’ Ventín lograba a súa segunda vitoria da tempada na modalidade. Ademais, Javier Ramilo ‘Kobas’ facíase coa segunda posición mentres Abel Jurado era cuarto. Por outra banda, Darío Calviño-Raquel Rodríguez non chegaban a concretar un bo resultado debido a unha avaría na primeira das cinco mangas disputadas, pero quedaban coa satisfacción de marcar o mellor crono de todo a fin de semana na categoría de Turismos, na cal o equipo da Escudería Yacar Racing formado por José Fernández-Alfredo Carballo concluían segundos.

Tamén a pasada fin de semana do 1 e 2 de xullo se celebraba en A Pontenova a segunda cita do certame autonómico de Montaña, onde Alfonso ‘Pisko’ Ventín impoñíase na Agrupación 9 dos Car Cross, copada na súa maioría polos Yacarcross pois Giovanne Iglesias finalizaba segundo e Jesús López terceiro.

O equipo estará a próxima fin de semana en varias frontes ao disputar os seus pilotos o Autocross de Carballo, puntuable para o Campionato de España, así como o Rali de Avilés Histórico, tamén do Nacional da modalidade. Mentres tanto, no ámbito rexional, celebrarase o Rali Sur do Condado en Salvaterra de Miño.

Facebook
Facebook
Visitas
Visitantes em linha
contador gratuito de visitas Total de visitas
Contacte-nos